GAL- En que consiste Catering entrevista?
Trátase dun xeito diferente e innovador de presentar a candidatura dos que buscan emprego. Un novo xeito de conseguir unha entrevista, invitando o empresario a xantar. Grazas a Catering Entrevista a candidatura do desempregado preséntase de xeito máis apetecible, personalizada e orixinal.
Que o diferencia dunha entrevista de traballo?
Achega vantaxes tanto ao desempregado coma ao empresario. O desempregado poderá "venderse dun xeito personalizado". O empresario "non perde tempo" mesmo gaña unha comida. Ámbolos dous poderán coñecerse de xeito máis persoal.
A quen se dirixe Catering entrevista e como se pode participar?
Poderá participar calquera persoa demandante de emprego (inscrita no INEM) que sexa residente en España e cunha idade superior aos 18 anos.
O aspirante poderá enviar convites de Catering Entrevista ás empresas coas que queira conseguir unha entrevista de traballo. Os convites encóntranse no blog e grupo de Facebook Catering Entrevista. As empresas ás que se envíe o convite deberán estar situadas na Comunidade Autónoma de Galiza.
Cal é o premio?
Premiaranse os primeiros 25 desempregados que consigan unha entrevista. Cada gañador ten dereito a un Catering Entrevista, o cal se desenvolverá na mesma empresa onde se concedeu a entrevista.
O Catering Entrevista irase outorgando a medida que os aspirantes vaian conseguindo o seu Catering Entrevista. Os datos dos gañadores iranse publicando no blog, páxina de Facebook de Catering Entrevista e Twitter @catentrevista.
Airas Catering desprazarase ata a dirección da empresa e acompañará cada aspirante ata o interior desta para presentar o Catering. Finalizado o Catering Entrevista, Airas Catering encargarase da limpeza e recollida do Catering.